Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue oacontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha primeira parte, «Galizano Absolutismo», considera o tempo anterior a 1810, ano en que seproduce a liberación da sociedade das tropas napoleónicas. Na segunda, «A nación política contemporánea», estima o sucedido entre 1810 e2010, nos inicios do século XXI. Para o autor, malia ter padecido noAntigo Réxime unha dominación perversa, Galiza mantivo os seusrecursos vitais e a personalidade diferenciada. Á altura de 1800contaba coa capacidade precisa para participar nas transformacións daRevolución Industrial. Era o país máis populoso entre os da Penínsulae das Illas. No tempo contemporáneo o Estado español negou aidentidade histórica e cultural do país, eliminou a Xunta do Reino,forzou unha emigración dramática e marxinou as actividades económicasdo país galego, provocando unha gravísima caída demográfica. Maliatodo, manifestando a «fortaleza dunha sociedade asaltada», en cantocaeu a Ditadura franquista e participou na UE, a sociedade galegarespirou. Pendente a superación do grave problema demográfico, contacunha economía desenvolvida e particularmente exportadora. Nación pola historia, o vigor económico e social e a extensión universal dalingua propia, partillada con múltiples países, é quen de asumir oautogoberno como nación, como nación no mundo.