Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Relatos mariñeiros componse dunha vintena de narracións curtas queteñen como referencia e inspiración a comunidade de pescadores galegos das Mariñas, asentados na Habana durante os anos trinta, corenta ecincuenta do seculo XX. Vinte historias de mariñeiros e emigrantesgalegos no Golfo que reconstrúen vidas anónimas penduradas dun fío,fuxindo dos feros ciclóns e doutras situacións arrepiantes, vidasancoradas na saudade da terra e das xentes que abandonaron. Relatos de vidas de mariñeiros artistas como o Leandro, o corpudo gaiteiro quelevaba todo un país no fol, o Mariano que tocaba o saxofón, o Xan oCativo, moi mañoso no seu vello acordeón, ou o Santiago, que co seulapis de cores retrataba a cada un dos compañeiros de tripulación.Mariñeiros namorados e comprometidos como o Daniel, aquel mozote deCamariñas que nunca esquecerá a súa namorada primeira, o Xaquín, ovello pescador da Malata que sentía polo mar unha mestura de amor exenreira, o negro Eliseo, un Goliat antillano que cos galegos da CasaBranca aprendeu a fala nosa, ou o Xoán Barreiro, dirixente doSindicato de Viveiristas que promoveu os setes meses de folga do anotrinta e un...Relatos mariñeiros, pola súa complexa e premeditadabrevidade, pola súa prosa cristalina, polo seu esforzo de destilaciónléxica, e pola construcción dunhas tramas enchidas de emoción,apoiadas nas ilustracións narrativas de Xaquín Marín, constitúe unhadas máis valiosas achegas dun dos clásicos vivos da literatura galega.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?