Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Resumo: A bruxa vai toda contenta na súa vasoira co seu gato, ata que lle cae o lazo da súa trenza entre as silvas. Aí comeza unha aventura que acabará liando a unha paxara, unha ra, un can e un dragón nunha aventura trepidanet e fascinante por terra, por mar e sobre todo, por aire. Este libro é unha mestura de aventuras, risas e nervios nesta historia inesquecible de amizade, monstros e sobre todo, moita maxia! Crítica e enfoque pedagóxico: Este libro, na liña do Grúfalo e A filla do Grúfalo, preséntanos unha aventura rimada e de carácter repetitivo e acumulativo. Este tipo de lecturas estimulan a capacidade imaxinativa e de retentiva das pícaras e xeran unha fascinación e diversión ca lectura difícil de igualar. A impecable tradución é froito dun obradoiro de nove meses de duración feito entre tres tradutoras profesionais e once alumnas do IES Sta Irene de Vigo no curso 20-21. Recomendamos comparala con outras linguas para apreciardes o detalle, musicalidade e fermosura desta edición en galego.