Passt nicht? Macht nichts! Bei uns ist die Rückgabe innerhalb von 30 Tagen möglich
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
30 Tage für die Rückgabe der Ware
O progreso dunha sociedade depende, en gran medida, dos coñecementos e capacidades que logren os seus membros a través do sistema educativo. Pero moitos estudantes non conseguen avanzar de acordo ás previsións curriculares, razón dabondo para apurar a busca de ferramentas que poidan beneficiar a todo o alumnado. ECO-FA-SE é un programa socioeducativo deseñado para mellorar o rendemento do alumnado de 1º e 2º da ESO, tomando como base unha dinámica de traballo de colaboración entre familias e centros de ensino. Conta con tres actuacións relacionadas: un Programa de Aprendizaxe Cooperativa (AC), un Programa de Educación Familiar (EF) e un Programa de Aprendizaxe-Servizo (ApS). Ten sido implementado e avaliado, no marco de sólidas actuacións investigadoras, por membros do Grupo Esculca da USC en sete centros educativos de Galicia. Os resultados acadados amosan o seu potencial sistémico, nomeadamente cando se trata de artellar canles efectivas polas que poida discorrer o éxito educativo da nosa mocidade.