Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Un libro acartonado e sen palabras para derrubar muros e construír pontes. O ratiño arrinca unha flor que medra nun vello muro e, ao facelo, un bloque de pedra despréndese. Por vez primeira pode ver que hai ao outro lado e rapidamente avisa os demais animais, que pouco a pouco van retirando máis e máis bloques ata derrubar o muro por completo. Cando descobren outro grupo de animais nunha illa próxima, usarán os bloques que antes os separaban para construír unha ponte que os una. Un enxeñoso e conmovedor álbum acartonado que mostra, mesmo aos nenos máis pequenos, que os muros e os valos poden substituírse por pontes se colaboran. Contado sen palabras, as sinxelas e expresivas ilustracións de Giuliano Ferri transmiten de maneira eficaz e accesible unha mensaxe esperanzadora e máis necesaria que nunca sobre a amizade, a solidariedade e a cooperación, valores universais e imprescindibles para superar diferenzas e conflitos.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?