Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
O pensamento salvaxe ocupa un lugar nuclear no conxunto da extensa obra do etnólogo Claude Lévi-Strauss e goza, amais, dunha incuestionable influencia para alén das fronteiras da etnoloxía. O seu principal obxectivo pódese sintetizar moi breve e accesiblemente en amosar que no existe un baleriro entre o xeito de pensar dos pobos chamados primitivos e o noso. Partindo das investigacións sobre a denominada mentalidade primitiva do filósofo francés Lucien Lévy-Bruhl e o traballo do antropólogo polaco Bronislaw Malinowski, que desafiou a dicotomía salvaxe/civilizado nos círculos académicos. Lévi-Strauss modelou, apoiándose na súa experiencia de campo no Brasil, a idea de que as sociedades ás que chamamos primitivas se rexen coma nós a través dunha atención especial ao concepto de coherencia, e que diferenzas de orde cultural entre a nosa sociedade e calquera desas que chamamos primitivas son similares ás que existen entre dúas calquera delas. A obra de Lévi-Strauss avanza nos postulados de Malinowski, nunha tentativa de comprensión da condición humana, saíndo á procura daquilo que todas as culturas temos en común. A colección Clasicos do Pensamento Universal comprácese en presenta a versión galega dun texto ousado, pioneiro e consolidado dende a día da súa primeira edición como unha lúcida reflexión e unha profunda investigación sobre os fundamentos antropolóxicos da humanidade.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?