Passt nicht? Macht nichts! Bei uns ist die Rückgabe innerhalb von 30 Tagen möglich
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
30 Tage für die Rückgabe der Ware
Candemaia xorde da necesidade de que as candeas e estrelas que lle dan nome acheguen luz a unhas vidas que un día nos amosaron a súa faciana máis negra.Son libros traducidos e escritos por mulleres para que con historias de nenas, mozas e adultas, fiemos un tecido máis humano, máis respectuoso. Cada libro levará a achega dun home porque esta colección está feita a latexos igualitarios. De todos sacaremos algo, leremos sobre vidas, ficticias ou reais, e non nos deixarán indiferentes.Mociñas de Louisa May Alcott (1832-1888) é o primeiro de moitos, para partir do que xa coñecemos, léndoo con ollos de adulto para sacar del valores que semellamos esquecer. Un libro do XIX onde nos ensinan a unidade da familia, o valor do esforzo, a sobrevivir á morte e a soidade, a loita constante ante as adversidades diarias que todos temos, a agardar e desesperar, a aceptar e a perder.Cun espírito revolucionario, activista e formativo para a época na que foi escrita, en realidade trata sobre as dificultades que tiñan as mulleres (e aínda teñen) polo feito de medrar nunha cultura que premiaba o seu aspecto por enriba da súa esencia, defendeu os dereitos da muller, a abolición da escravitude, as reformas no sistema educativo coa escolarización das nenas.