Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Este texto ten como obxectivo servir de referencia para aprender a programar en ensamblador mediante exemplos. Utilizando como instrumento a linguaxe ensambladora da versión T32/Thumb da arquitectura ARM, desenvólvese un conxunto de supostos de programación de complexidade crecente, elixidos polo seu valor pedagóxico. Comezamos coa programación das estruturas básicas de control e a trasfega de información utilizando os rexistros e a memoria principal, resolvendo tarefas como contar, sumar e comparar números. A continuación, tratamos o procesado de cadeas de caracteres a utilización combinada do repertorio de instrucións aritméticas, lóxicas e de desprazamento. Máis adiante introducimos o concepto de subprograma, para presentar despois o concepto de pila e o paso de parámetros a través da pila, o aniñamento de chamadas a subprograma e a recursividade. Finalmente tratamos a comunicación do ordenador coa súa contorna, é dicir, á resolución de problemas de programación de entrada e saída, ben directamente ou a través de outros módulos software ou do sistema operativo. O libro inclúe tamén un resumo do modelo do programador T32/Thumb, e unha descrición detallada do sistema de codificación UTF8. Como ferramentas de traballo, utilizamos o ensamblador de GNU, o simulador QtARMSim e o ordenador pedagóxico Raspberri Pi.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?