Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
O lector ten nas súas mans a segunda parte da Gramática Histórica Galega do Prof. Manuel Ferreiro, dedicada, nesta ocasión, ao estudo do devir léxico-semático do noso idioma, que continúa e complementa a primeira (xa na 4a edición), centra- da na Fonética e na Morfosintaxe.Co presente volume cérrase unha viaxe lingüística a través dos séculos, que se converterá, máis unha vez, nun referente inevitábel e nun instrumento fundamental para toda aquela persoa que pretenda coñecer en profundidade a evolución lingüística do idioma, o primeiro sinal de identidade da nación galega.É para Laiovento unha satisfacción a publicación dun traballo que, con todo o rigor filolóxico e con toda a paixón humana, permite coñecer o proceso de constitución do léxico galego (tanto o común como o toponímico e o antroponímico), descubrir os mecanismos de ampliación léxica que ao longo dos séculos permitiron multiplicar as súas palabras e significados, e, por último, acompañar a plural apropiación de moi diversos elementos lingüísticos, inicialmente extraños á nosa lingua.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?