Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Este libro pretende contribuír ao desenvolvemento duns estudos ibéricos críticos co apoio de metodoloxías innovadoras. De inicio, informa sobre a emerxencia dos estudos ibéricos como perspectiva investigadora e presenta un balance dos seus operativos e axendas. O obxectivo é activar unha reexividade crítica atenta ás potencialidades dos estudos ibéricos sen desatender os seus condicionantes históricos, xeopolíticos, institucionais e simbólicos. O capítulo máis extenso céntrase no estudo das revistas culturais, sector onde adoita pensarse que xermina a produción literaria dunha época. A das revistas constitúe unha esfera de atención que nos últimos anos ampliou a súa proxección da man dos Media Studies e os Periodical Studies. Examínanse así as mediacións e transferencias político-culturais entre Galiza e Cataluña nas revistas do período de entreguerras, con atención preferente á dialéctica centro-periferia, ás redes literarias ou á intervención de gatekeepers e outros mediadores. Aténdense así mesmo dúas cuestións previas: que é unha revista literaria e como pode analizarse. Os dispositivos metodolóxicos aquí empregados para o estudo das revistas evidencian utilidade para calquera outro obxecto de investigación situado na modernidade ou na posmodernidade e considerado baixo o prisma dos estudos ibéricos.