Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
Cogomelos de Galicia e do noroeste peninsular é unha publicación en que se describen os cincocentos cogomelos máis representativos do noroeste da Península Ibérica e quere servir de instrumento para todos aqueles que se desexan achegar á micoloxía ou para os estudosos que pretenden coñecer algo máis das especies que medran nos nosos bosques. A intención dos autores é conseguir que esta obra sexa unha guía de consulta eminentemente práctica. Así, o contido da obra está baseado nas especies que medran espontáneas nos bosques de Galicia e o noroeste da Península, facendo un percorrido pola maioría dos ecosistemas que podemos atopar, desde os prados e bosques autóctonos ata as plantacións de especies foráneas, desde os sistemas dunares ata a alta montaña, desde as especies saprófitas ás micorrícicas e as parasitas, sen esquecer hábitats específicos. Con esta variedade podemos asegurar que están representadas a maioría das especies comestibles e as tóxicas e velenosas máis frecuentes. Os textos van acompañados de seiscentas fotografías a toda cor, realizadas no hábitat particular de cada especie, que engaden unha serie de datos ecolóxicos importantes ao elixir os exemplares máis representativos e colocalos de xeito que se aprecien os seus trazos máis característicos. Os autores desta obra teñen publicada unha segunda parte que describe outras cincocentas especies e cuxo título é "500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsularö.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?