Passt nicht? Macht nichts! Sie können Artikel bis zu 30 Tage zurückgeben
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
Bis zu 30 Tage Rückgaberecht
O gran coñecedor do mundo do libro que é Manuel Losa achéganos unha obra sobre a vida de catro galegos na diáspora, distintos entre si pero que teñen unha raíz común. Dous deles, Crestar e Montoya, cunha vinculación moi importante cos centros culturais da súa época. Crestar, actuando ademais en forma destacada no aspecto político. Os outros dous, Martínez e García, emigrantes cunha vida que xirou en torno ao mundo laboral. Dúas das historias contadas nestas páxinas, as de Isidoro García e Eduardo Martínez, desenvólvense a partir da década de 1950. Pola súa banda, as outras dúas, as de Antón Crestar e José Lage, son de época anterior, o primeiro vinculado co galeguismo, tivo estreita relación con Castelao, Suárez Picallo, Xesús Canabal, Manuel Meilán, Lois Tobío, Alfredo Somoza e outros destacados galeguistas e republicanos, e propiciou unha actividade intensa e de grande relevancia en tempos da Guerra Civil e a posguerra. Participando tamén, de forma sobranceira, na vida artística, parte do libro céntrase na historia do bailarín Xosé Lage, coñecido polo seu nome artístico, Pepe Montoya.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?