Passt nicht? Macht nichts! Bei uns ist die Rückgabe innerhalb von 30 Tagen möglich
Mit einem Geschenkgutschein können Sie nichts falsch machen. Der Beschenkte kann sich im Tausch gegen einen Geschenkgutschein etwas aus unserem Sortiment aussuchen.
30 Tage für die Rückgabe der Ware
Aníbal e a Pintora é unha novela que conta a historia dos devezos deAníbal Moreda á procura da incerta verdade sobre a vida da pintoraArtemisia Gentileschi, artista descuberta a partir dun lenzo atopadoen Internet. Un mangado de libros e medio cento de ruíns reproduciónsde cadros serán os materiais para fundar unha estra?a relación querematará por mirrar o esforzado amador. Un amigo seu recollerá osescritos deixados por Aníbal e tentará elucidar esa relacióninternándose, tamén el, no impensable sorbedoiro dunha paixónquimérica. Nos papeis de Aníbal, recreados polo seu amigo, un rodopíode personaxes famosos, papas e artistas enchen as páxinas do granfresco barroco onde se entretecen as artes coas paixóns humanas noepicentro da gran cultura europea do século XVII. Nesa altura, Romatransfórmase en capital do mundo e taller da Cristiandade, ensaiandoun nacente dramatismo para alicerzar a punxente piedade daContrarreforma xesuítica. Triunfan pintores como o Caravaggio eescultores como Bernini, que fascinan a curia. Nese colosal obradoironace, e aprende a pintar co seu pai, Artemisia a moza chamada a ser agran pintora do seu tempo. Orfa de nai aos doce anos, será violada esufrirá un dilatado e infamante proceso público. Estas esgazadurascicelarán un temperamento de rara afouteza. A ardencia e a coraxeguiarán a súa vida de artista e muller libre.
Hallo! Ich bin Libroamiko, dein Buchberater.
Wie kann ich dir helfen?